Hawker Siddeley Harrier

Hawker-Siddeley Harrier
AV-8B Harrier II
Tipocaza ataque ó chan
FabricanteHawker Siddeley
Primeiro voo28 de decembro de 1967
Introducido1 de abril de 1969
Harrier levantando o voo do Portaavións HMS Invencible.

O Hawker Siddeley Harrier, coloquialmente chamado jump jet, foi un avión de ataque a terra e recoñecemento desenvolvido na década de 1960 e que formou a primeira xeración da serie Harrier. Foi o primeiro avión operacional con capacidade V/STOL (engalaxe e aterraxe verticais/curtas) e o único deseño V/STOL realmente exitoso dos moitos que xurdiron neses anos.

O Harrier produciuse a partir dos prototipos Hawker Siddeley Kestrel, despois da cancelación dun modelo supersónico máis avanzado, o Hawker Siddeley P.1154. A Royal Air Force (RAF) encargou as variantes Harrier GR.1 e GR.3 a finais da década de 1960. Na década de 1970 foi exportado ós Estados Unidos, onde recibiu a designación AV-8A, para ser usado polo Corpo de Marines dos Estados Unidos, e tamén a España baixo o nome de AV-8S Matador, para ser embarcado no portaavións Dédalo da Armada Española.

O turborreactor de empurre vectorial do Harrier permítelle operar dende pistas semipreparadas e despregalo en zonas avanzadas, lonxe dos vulnerábeis aeródromos. Tres escuadróns da RAF Germany recibiron o Harrier, inda que un foi disolto polo elevado índice de accidentes. Os Harrier foron despregados en diversas áreas da OTAN e combateron nas Malvinas. O GR.Mk 3, coa súa limitada carga útil e aviónica primitiva, foi substituído polo BAe/McDonnell Douglas AV-8B, chamado Harrier GR.Mk 5 pola RAF.

O Harrier foi un avión autenticamente decisivo que marcou a aparición do primeiro avión de combate STOVL, instancia para a que emprega un só turborreactor cun cuarteto de tobeiras vectoriais para a distribución equilibrada do pulo. O Harrier apareceu como resultado do prototipo P.1127 que voou por primeira vez en outubro do ano 1960. Fixéronse plans para desenvolver o P.1154 capaz de acadar Mach 2, pero este foi cancelado a favor do transónico pero máis barato Harrier GR.Mk 1 con motor Pegasus Mk 101 de 8.618 kg, posteriormente mellorado no Harrier GR.Mk 1A có Pegasus Mk 102 de 9.072 kg. O GR.Mk 1 comezou a entrar en servizo no ano 1969 e os 92 aparellos superviventes foron mellorados ó estándar GR.Mk 3 con maior potencia e proa revisada para instalar un telémetro láser e un procurador de brancos marcados.

O Escuadrón 1 da RAF converteuse na primeira unidade mundial equipada operativamente con cazas VTOL ó converterse ó Harrier en abril de 1969.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy